domingo, 27 de maio de 2018

ORIENTACIÓN


O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación.
O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización con cronos,seguridade,saídas e entradas.

Na experiencia persoal podo falar dunha experiencia moi enriquecedora,posto que estiven con alumnado e profesorado do IES Xoán Montes de Lugo,instituto polo que paséi durante uns longos 4 anos da miña por ese instituto,onde estiven 2 anos con Inma,a profesora de educación física que levou dita actividade.



O deporte da orientación consiste en que cada persoa seguindo un mapa siga un recorrido e o faga no menor tempo posíbel.
O que o faga en menor tempo sen trabucarse gaña,sinxelo.
As participantes ademais do mapa poden ter compases para orientarse.



A orientación na Galiza:  

No país hai 38 clubes de orientación ou que teñan dentro dos seus deportes o deporte da orientación:

Na provincia da Coruña -> 24 clubes ( Ro-Baliza Club de Orientación, Club Brigantia Aventura, FEGADO, Faicamiño,Club A.P.A. Liceo La Paz, Club USC, C.D.U. da Universidade da Coruña ,Club Somozaventura, Club Sociedad de Montaña Artabros,Club SEO, Agrupación Deportiva IES Sabón, Agrupación Deportiva C.P. Brexo-Lema, Club Orientación Coruña,ADTL A Pedrosa, Club O Pasatempo,ADC Protección Civil Arteixo,Club Montaña Ferrol,ADC Arnela,Club Liceo Vulpes,AD Jarnachas,AD Fogar, CLUB GALLAECIA RAID,Club Galicia de Caranza,A.D.C. Bombeiros A Coruña)

Na provincia de Lugo -> 2 clubes ( Club Fluvial Lugo, AD Biciclistas Galegos)


martes, 6 de febreiro de 2018

CONTAS

Roberto Freire,Javi Arias e eu tivemos a responsabilidade de financiamento.
Durante esta fase puidemos comprobar as aptitudes do groso da clase.

Neste aspectos puidemos ver os tipos de persoas e incluso a súa solidariedade.

Primeiro teríamos que dividir entre a xente que ía a neve e a que non.
A xente que ía a neve os cartos que conseguía quedábase con eles para axudar a abaratar a súa viaxe.
Os que non ían os cartos que conseguían ían a un fondo común,para próximas viaxes.
Na xente que ía a neve é onde se ve menos diferencia,posto que ao quedar os cartos para elas puxéronlle máis ánimo en vender. Moitas desas persoas venderon todas ou case todas e moi poucas persoas que ían venderon menos da metade de rifas.
Na xente que non ía houbo moita máis diferenza. Podemos dividir a xente en tres grupos:

A que vendeu todas ou case todas,dentro deste grupo hai xente que o currou e hai xente que puxo (ou lle puxeron) os cartos dende casa.

A que vendeu a metade aproximadamente,dentro deste grupo hai os mesmos subgrupos que nos anteriores

As que venderon poucas ou ningunha,dentro deste  grupo podemos dividir outros subgrupos,os cales son: as que non quixeron vender, as que non quixeron vender e pagaron (x) rifas e as que o curraron pero non venderon moitas.

CONCLUSIÓNS:

Dentro da sociedade hai diversos grupos de persoas,as que empatizan,as que non, as máis traballadoras, as menos traballadoras, as que pensan no colectivo,as que pensan só en si mesmas.

A sociedade é diversa e como tal a nosa clase tamén,nótase no día a día, nos traballos individuais e colectivos,na nosa forma de ser,de falar,de pensar...


luns, 22 de xaneiro de 2018

Machismo no deporte


O machismo está patente,ligado e extremadamente establecido dentro da sociedade,por suposto o deporte non é unha excepción.


Vou a dividir o machismo en tres apartados: Público,prensa e vestimenta 


PÚBLICO:
Canto máis grande é un deporte e máis repercusión máis aficionados van.
Máis xente hai e máis machismo hai.
Fai pouco saían a relucir os cánticos dos nazis do Betis que lle cantaban a un xogador que magullaba na súa muller:"¡Rubén alé, Rubén alé, no es culpa tuya, es una puta, lo hiciste bien!" Realmente noxento,e a prensa sensancionalista non é mellor

PRENSA

A prensa neste aspecto tampouca axuda a causa,só hai que ver como é tratado o deporte feminino. Como As, Marca e o resto de prensa escrita saca "novas" con titulares como "As deportistas máis guapas de X competición" ou "a deportista que non quere ser nai" ou calqueira cousa. Os exemplos sobran,basta con buscar deporte feminino en internet.







































VESTIMENTA
Aínda que agora cambiáronse a maioría de normas neste aspecto segue habendo moita desigualdade 












http://blogs.publico.es/strambotic/2017/07/titulares-machistas/
http://dioguinho.pt/ha-machismo-dos-dois-lados-desta-rede-de-volley/
http://albumdetestamentos.blogs.sapo.pt/sobre-o-machismo-no-mundo-do-futebol-24163
http://www.eldiario.es/norte/euskadi/deporte-ambito-discrimina-mujer_0_622588637.html

venres, 1 de decembro de 2017

RACISMO NO DEPORTE

O racismo e o deporte é algo que a día de hoxe está a orde do día.
É chegar a un campo de fútbol (incluso de fútbol amateur) e escoitar ese tipo de berros. Persoalmente paréceme noxento.
 Pero non só son os pais.Algunhas veces o neno imita a un simio cando un xogador negro toca el balón e o pai rirlle a graza. Outras a broma consiste en lanzar plátanos o gritarlle “xudeu” a un seguidor rival. Aí é onde realmente é onde se traspasa o racismo. Este é un exemplo:



La imagen de Anna Frank con la camiseta de la Roma.




 O fúbol é case insalvábel,posto que dentro do "mundo ultra" existe un fascismo camuflado de seguidores de certos equipos,pero queda esperanza.


Resultado de imagen de black power olimpiadas
Jesse Owens3.jpg








Quedan o rugby,tenis,atletismo...

O atletismo e o rugby foron claros exemplos da loita anti-racista, "o heroe de Berlín '' ou o equipo de rugby de Sudáfrica son claros exemplos.
Outro exemplo que todas lembraremos son os de Tommie Smith e Jonh Carlos onde nas olimpiadas de México 68 ergueron no podio o puño negro mentres estaba a soar o himno yankee.

Resultado de imagen de mandela rugby

xoves, 23 de novembro de 2017

Segregación positiva?NON

Segregar por motivos de xénero (igual que se fora por motivos de cor de pel, orientación sexual,aspectos culturais,etc) está obsoleto no deporte,sexa cal sexa a nosa idade.
Un rapaz non por ter xenitais masculinos ou sentirse varón vai xogar mellor ao fútbol,rugby ou a petanca.
Hai rapazas que miden 1'80,hai rapaces que miden 1'60.Hai rapazas que corren os 100 metros en 15 segundos,hai rapaces que lles leva 30.
Non polo feito de ser muller se lle vai dar mellor ou peor un deporte,se é "peor" nalgúns deportes é porque vivimos nunha sociedade patriarcal a cal oprime as mulleres polo mero feito de selo.
Por iso opino,como parte do alumnado,que estas decisións debíanse erradicar dunha vez entre as técnicos e con moita máis importancia cando se lle está a ensinar ás futuras técnicos. Somos todas persoas,ter pene,vaxina ou sentirnos muller ou home non nos fai mellor practicando un deporte.
Sei que son crítico con este tema,pero é que vai totalmente en contra do que eu opino e quero para o mundo do deporte. Como xa dixen algunha vez eu son xogador dos Torques de fútbol gaélico mixto,isto implica ter conciencia e ver en primeira persoa que o deporte inclusivo mixto é posíbel e da moi bos resultados. Isto implica tamén reprochar actitudes patriarcales e machistas,compartir vestiario ao non ver as mulleres coma obxectos e sí como unha compañeira máis,sí o mundo ao mellor non deu ese paso e nós sí,pero o deporte debe dar ese paso,non sei canto tardará.Un,dez,vinte ou cen anos,non o sei,pero o deporte mixto chegará a ter máis importancia que o segregado.

martes, 21 de novembro de 2017

IMPORTANCIA DO QUENCEMENTO


É importantísimo que as nosas usuarias sepan facer un bó quecemento.
Este debe ter unha orde moi concreta e ten que ir de menos a máis intensidade.
No momento en que as nosas usuarias sepan facelo ben,o seu rendemento deportivo vai ser maior,e a maiores preveremos de lesións articulares

domingo, 12 de novembro de 2017

Pre-bolboreta

Antes de facer bolboreta tense que saber ben a técnica de braza, posto que esta é moi similar.
Nesta é moi importante a respiración,que se fará cada dúas brazas.
As que non sabemos nadar farémolo con aletas e probando aínda que a técnica non sexa boa

ORIENTACIÓN

O xoves pasado fumos o campionato provincial escolar de orientación. O noso traballo consistiu en axudar aos centros,axudar a organización...